Congreso de Lingua, Toponimia e Cultura Celta Galega
O Día da Ciencia en Galego deste ano, coincidindo co Ano Internacional da Táboa Periódica, propoñemos como homenaxeados a Mendeleiev –como autor principal- e a Luís Liz Marzán, por ser un dos nosos científicos máis premiados, director do Centro de Investigación Cooperativa en Bíomateriais, CIC biomaGUNE, e porque o campo no que está a traballar, a nanotecnoloxía, entronca co presente e futuro da xente nova e pode ser un referente no que se miren e lles anime a mergullarse no mundo da ciencia. Impartirá unha conferencia en Lugo o 8 de novembro.