Agra
Ag rá (saying, dicindo), unha posible orixe de Agra. Haberá que analizar os milleiros de Agras na toponimia e ver se ten sentido.
- Read more about Agra
- Log in to post comments
Ag rá (saying, dicindo), unha posible orixe de Agra. Haberá que analizar os milleiros de Agras na toponimia e ver se ten sentido.
Imos varíar de cor e temos no nome deste concello o negro presente Dubh=negro en celta. Dubh non é en absoluto frecuente como Bui en Galicia que ainda ten montes Buio, ademais das moitísimas leiras dese nome.
Así que ter ten negro no nome. Pero cal é o significado? Se traducimos o nome actual sería dicir negro, pouco significativo. Moitas outras posibles traducións (sempre co negro) serían posibles a partir doutros nomes históricos e a mellor é dubhriam=negrura.
Acabamos de pasar o día da Galiza mártir dedicada a Alexandre Bóveda. O apelido e topónimo Bóveda semella falar dunha bóveda de construción romana. Pero no lugar onde aparece o topónimo nin de lonxe sabían nada de construción de bóvedas. Sen embargo a wikipedia parece afirmar o contrario:
Unha bóveda é unha construción arquitectónica, de sección curva, que permite cubrir o espazo comprendido entre dous muros, piares ou columnas.
Un libro de texto de irlandés actual cóntanolo.
Despois do contado previamente, con moita dor de corazón, vou escribir que Guitiriz non ten nada que ver co Suevo, cos alemáns, e ten moito máis que ver con Goiriz, por exemplo. Guitiriz é celta. Que como quedaría raro -nunha lingua latina- escribir Guitiri engádeselle unha z final, precisamente inexistente en celta.
Contaba Marcial Tenreiro que algo así pasou cando os romanos preguntáronlle a un grupo de xermanos (alamáns) que como se chamaban: Todos os homes ou quizais todos somos homes (demostrando que non entenderan a pregunta), responderon como conta a wikipedia " Fueron mencionados por primera vez por Dión Casio en 213.
En primeiro lugar, teño que agradecerlle ao meu amigo Pepe terme falado de Steven Pinker e a súa gramática profunda. Pepe, un físico reconvertido ultimamente á lingüística computacional, con moitos interesantes traballos nunca divulgados e que seguramente perderanse por non divulgarse, precisamente. Forma parte das rutas do verán, con Mario e con conversacións alucinantes sobre cales son os problemas máis importantes da Ciencia: o Universo e o cerebro.
Ao ir de Ferrol a Coruña pola autopista pasamos pola saída de Gúisamo.
Gui é oración e samo en mín. Oración interior, oración en min preferiblemente a darlle a volta e dicir eu en oración será a solución. Xa comentamos esta solución previamente e a preferencia desta solución, Doutro modo quen viría sendo "eu"?
Outro exemplo de celta en Castela é Toros de Guisando.
Se Goyanes é Goiáns, está claro que Goya é unha oración. Non é momento de profundar nese tema, só indicar que apelidos celtas e non galegos hai moitos. Vou dar un exemuplo máis, ademais de Goya, Tarancón. Outro día o explicaremos. O que está claro é que cando chegaron os romanos había moitas otras zonas de España que eran celtas. Mesmo a división romana Gallaecia é moitísimo mas ampla que a actual Galicia. Os árabes españois tiñan por enemigos, non aos casteláns, senón aos galegos (estábanse referindo aos celtas?).