Guitián

Submitted by admin on Fri, 05/17/2019 - 09:59

Guitián é un apelido galego dunha certa frecuencia (incluso entre políticos) como conta a wikipedia galega. Pero tamén é topónimo, como di a toponimia oficial, aínda que só conte unha parte: En Palas de Rei, por exemplo, hai un Guitián. Pero pouco é máis que nada que conta a wikipedia

Buia, Vilabuil e Araño

Submitted by admin on Mon, 05/13/2019 - 21:24

Bui en Celta significa color amarelo. Buía en Araño, Rianxo significará o amarelo. Semellante ao Buio que aparece a milleiros por toda Galicia. Color relacionado co cultivo de cereais, que son de color amarelo.

Vilabuil está na zona de Teixeiro, preto de Curtis, e eu o apuntei mentalmente pasando por alí e vendo un letreiro na estrada. Curiosamente non existe na wikipedia e tampouco no recollido da toponimia oficial galega. Non poderían ter un listado dos letreiros que fan os de tráfico?

Cervo

Submitted by admin on Tue, 05/07/2019 - 11:25

Cervo, se fose de orixe latino, dun tempo no que agromaba o galego latino, está claro que se refire a un cervo. Todo o mundo o cre así. Ainda que o lóxico é que se chamase cervos para indicar que nesa zona hai abundancia deles.

E que pasa se o topónimo Cervo é celta? Pode lerse en celta? Acabamos de ver que

cér, cérb, cérbh :21 (d).  é cé significa

Becerreá

Submitted by admin on Tue, 05/07/2019 - 10:41

(aquí) están os que venden é o probable significado celta deste nome do concello. Becerreá era o Marineda do seu tempo, o punto de encontro das mercancias do centro, norte e sur da península e as propias de Galicia ou traídas por mar que se vendían aquí. Hoxe as estradas ao resto da península seguen a pasar por Becerreá, pero Becerreá xa deixou de ser o punto de encontro, distribución e venda das mercancias.

Cos

Submitted by admin on Mon, 05/06/2019 - 18:13

Cos, parroquia galega do concello de Abegondo ten un significado celta claro que está explicado en moitas e múltiples entradas: Doncos, Ancos, Trasancos, Abeancos, Oscos,...

Podedes buscar un deses resultados para saber de que se trata.

Caión

Submitted by admin on Fri, 05/03/2019 - 12:32

As miñas netas ván cos seus outros avós a Caión frecuentemente. Así que teño un fio familiar con Caión. Con Caión de Laracha porque hai, ao menos, dous Caións:

O topónimo galego Caión pode referirse a:

Ombre

Submitted by admin on Wed, 05/01/2019 - 12:06

Ombre sempre foi un lugar e nome mítico para min, precisamente por suxeridor de significados falsos e imposibles como hombre (en castelán) ou sombra (umbría). As semellanzas sonoras a primeira vista enganan case sempre. Pero seguro que na toponimia "oficial" hai explicacións latinas que non vou ir  buscar nin contradicir. Ninguén aceptaría que en toda Galicia se dixese home pola palabra castelán hombre e en catro lugares máxicos de Galicia fose "Ombre". Neste caso si, penso que non se ve posible e noutros casos, sen embargo, si.