lagar

Submitted by admin on Sat, 07/27/2019 - 16:55

Di a wikipedia que

Un lagar é unha construción adicada a prensar froitos como uvas, mazás ou olivas. Como topónimo Lagar pode referirse a:

Máis alemán coma exemplo e aprendizaxe

Submitted by admin on Tue, 07/23/2019 - 09:05

Se poñemos os milleiros de exemplos posibles de construción en torre (unha sobre outra) de palabras posibles en alemán resulta que teriamos moitos máis exemplos que en celta galego. Están en todas partes, por todos os recunchos, en todos os letreiros. Analizalas darianos traballo para outra  vida. Así que quedan como puzzle ou entretemento para as moitas persoas favorables á cultura alemana en Galicia. Para todas aquelas que ven alemán en todas as palabras galegas, o exercicio de aprendizaxe que lles propoño pode axudarlle a entender alemán.

Hauptbahnhof

Submitted by admin on Mon, 07/15/2019 - 23:05

Hoxe estou en Linz (Austria) asistindo ao Congreso de Arte e Matemáticas Bridges 2019. Cheguei pola tarde á estación de tren de Linz, capital da Austria superior,  que ten un letreiro  que pon Hauptbahnhof. En Linz hai varias estacións. Na anterior á propia de Linz non se parou o tren.

Imos supoñer que estamos traducindo en forma semellante ao celta galego, á toponimia celta galega. Primeiro dividimos a palabra en tres, probablemente Haupt (que xa escoitei en Hauptplatz, tamén en bahn (que aparece noutras moitas outras palabras relativas ao tren ) e na que queda, hof.

Rea

Submitted by admin on Wed, 07/10/2019 - 10:36

O dicionario da RAG di que rea é substantivo feminino Conxunto de elementos colocados un detrás do outro. Os grans das mazarocas están colocados en reas. SINÓNIMOS fila, fileira, ringleira, riola<