Terminación en ñón

Submitted by admin on Sat, 01/01/2022 - 11:10

Como acabamos de ver na entrada anterior a terminación en ñón estilo latino podería identificar algo grande. Ou ben, se falamos da terminación -añón pode identificar un lugar con freixos. Pero algunha outra distinta rematada en -ñón, tamén.

Polo de agora identificamos tantos coma 389 lugares con posible sinalización dos freixos. Xa temos traballo para varias xeracións de discusións e traducións:

 

Valdriz

Submitted by admin on Wed, 12/29/2021 - 20:48

Valdriz non existe na Galipedia, e non existe no listado de toponimia, pero si nos xornais. A Voz de Galicia fala de Valdriz, en Láncara, e da empresa eléctrica Valdriz.

Na entrada driz identificamos dris con espiño, con plantas molestas. Así que Valdriz vai do poético camiño -de monte- de espiñas, de espiños. Agora non debe ser tal pois os xornais falan dunha urbanización Valdriz á que se chega cruzando a ponte Valdriz, en Láncara, indo pola rúa Valdriz, que, con toda seguridade non ten ningún espiño, actualmente, na zona.

Torrentes do Mácara

Submitted by admin on Wed, 12/29/2021 - 14:05

Hai poucas referencias á beleza dos lugares no toponimia en Galicia. Debian estar os nosos antergos moi atarefados para sentila. E ainda esta é indirecta. Que son e de que fala a tradución?

Pois non vos poido poñer o enlace da Galipedia porque non existe! Coma noutros lugares só existe en novacarta.eu