Rábade

Submitted by admin on Sun, 10/18/2020 - 16:46

Xa postos en fariña e tendo explicado na entrada anterior que Raba pode ser alga flotante

rabha2 :rabh1. E rabh

rabh2, f = raibh1.

rabh3 = raibh :3. E raibh é

Pardán

Submitted by admin on Sun, 10/18/2020 - 14:29

Pardán e Pardáns aparece no listado público da toponimia que espuxemos na entrada de dán.  En Ponteceso e Porto do Son.

Unha primeira versión inxenua pode identificalo cunha variante (inventada) de pardo, o cal non concorda con todo o restante listado. Non hai palabras do galego que teñan ese sufixo. Semella que ten que ver con pardo, pero non ten consistencia. De ser algo corrente relativo a pardo, habería centos de palabras describindo paisaxes outoñais. Pero hai máis como Doncos ou Dombodán que nos falan de pardo que pardáns.

Asi pardán é par+dán

Gradáns

Submitted by admin on Sun, 10/18/2020 - 00:20

No listado que vimos de toponimia con dáns vimos dous lugares chamados Gradáns.

Vimos no dicionario celta que un exemplo de dán era  dán grá, love poem, poema de amor.

O poema da Vaca

Submitted by admin on Mon, 10/12/2020 - 13:25

Desde a nosa perspectiva actual un poema da vaca é un sinsentido. Case calqueira galego do campo ten ou pode ter unha vaca. Na idade de ferro, ter ou non ter unha vaca pode ser a diferenza entre a vida e a morte dunha familia. Se imaxinabas un ceo ao que aspirabas, ese tiña ao menos unha vaca.

Así que os poemas os dedicabas as túas ansias, aos teus anhelos, aos teus desexos.

Bodán=bo+dán=Vaca+poema

E non un pretendido señor suevo ...

O Poema da vaca marrón

Submitted by admin on Sun, 10/11/2020 - 23:00

Este foi un problema de tradución galego-celta inverso, de hai moito tempo en celtia.org. Que lugar de Galicia se chama así, o poema da vaca marrón?

Pois un lugar que os latinistas da USC publicaron que era a vila patricial dun pretendido propietario non sei se romano ou pretendidamente xermánico (suevo) cun sistema moi  usado. Tes  unha palabra x que nin idea de que vai e buscas entre os nomes romanos ou suevos aqueles que teñen unha distancia de Hamming máis pequena que outras.

Landán

Submitted by admin on Sun, 10/11/2020 - 22:10

Foi un problema de celtia.org. Que é Landán?

Hoxe, despois de explicar dán, debería estar perfectamente resolto. Dicía alí que

A praza de Landán, en Betanzos, tamén, suxirenos que non só os topónimos dos campos abertos, das leiras e dos montes son interesantes. As rúas das cidades antigas de Galicia están cheas de sorpresas. Como esta de Betanzos.

A pregunta é que organizaban nesa praza hai 2000 anos os betanceiros e visitantes e, polo tanto, que debería organizar anualmente o concello de Betanzos, seguindo a súa tradición milenaria?