Busca dunha palabra celta da que haxa moitísimos exemplos en toda Galicia (quizais millóns)

Submitted by admin on Tue, 01/09/2018 - 17:01

Temos un tipo de cultivo moi común en Galicia.  A palabra celta describe -indirectamente- de que tipo de cultivo se trataba ou aínda se trata.

Unha vez explicada a relación estará clara a pregunta. Pero agora queremos facer a reflexión: senón falamos celta a que vén que describamos millóns de leiras en Galicia cunha palabra celta?

 

A palabra máis buscada no dicionario da RAG, no 2017, é unha palabra celta

Conacha, o mesmo que conacho e conachada en ferrolano, son palabras celtas. Conach en celta galego antigo é riqueza. Así que conacha alude a riqueza de sensacións que se produce nela e a riqueza de descendencia. Quizais influído o seu uso porque contén a palabra latina, cona.

En canto a conacho en ferrolano alude a unha persoa presumida, petulante, alguén que se considera superior aos demais, que non se considera do común. Dito noutras palabras, un novo rico. 

Cuntis

Submitted by admin on Tue, 04/13/2021 - 10:21

Visto Cundíns é doado resolver Cuntis. Quitámoslle o s, latinización dunha palabra que acabaría e i, CUN-TÍ, e temos o resultado:

cun, m. (gs. ~). Stoutness, thickness. (resistencia, espesor).

tí, casa, 5 :teach.

Camba

Submitted by admin on Thu, 11/15/2018 - 12:11

O feito que o torto celta (cam) siga en palabras como camba e cambados é unha demostración clara que esas palabras teñen un signficado composto de varios significados: é torto + algo máis.

A primeira idea (e a única neste momento) é a de Camba=cam+ba, era torto.

A wikipedia di que

O orónimo Camba (da voz prerromana *camb-) fai referencia a unha zona comba ou curva[1]. Pode referirse a: