Res

Submitted by admin on Wed, 06/09/2021 - 19:35

Etimologías de Chile cóntao ben: podería ser latín de res "cousa", a mesma da res pública, da república ou cousa pública, pero non o é. Podería ser do árabe pero o plural serían los arraces e non las reses. Podería ser catalán, pero non ten significado de cabeza de vaca. E cita ao dicionario Corominas.

http://etimologias.dechile.net/?res

Como chamaban á Terra Chá os castrexos?

Submitted by admin on Mon, 06/07/2021 - 18:00

Xa vimos que Chá ou Chán vén de non en celta.  Así que os celtas non dirían Terra Non ou terra do non, iso foi moi posterior.

Quedámonos, xa que logo, con que eles vían unha chaira, unha planicie, unha má (plain).

Hoxe fun por unha zona pendente de percorrer en Guitiriz. Efectivamente unha igrexa preciosa, orientada ao amencer, como as celtas polo que a portada está totalmente iluminada as 11 e media da mañá.

Santa Mariña de Lagostelle, Guitiriz

Despois pola

Andabao-2

Submitted by admin on Sun, 06/06/2021 - 21:09

Fun a Andabao hai 2 días. Xa dixemos que era aquí

Andavao

Agora invítovos a analizar as imaxes obtidas nesa viaxe, sobre todo, a pequena inclinación do terreo, a gran extensión de cultivo de Andabao, e imaxinar que ocorre nunha chuviosa mañá de inverno e que vemos?

Agrís

Submitted by admin on Sun, 06/06/2021 - 20:33

Igrexa de Santa Cruz de Campolongo, (de Agrís) É unha Igrexa de Negreira que fun visitar hai 2 días. Pero non tiña a ubicación activada ou sexa que as fotos que saquei non tiñan posición GPS. Tiven que localizar indirectamente a posición da igrexa, sabendo que ía pola estrada ao miradoiro de Cotrón.

Corzón

Submitted by admin on Sat, 06/05/2021 - 11:06

Corzón, Mazaricos  é unha parroquia de Mazaricos. Cumpre os parámetros da españolización do topónimo. Corzo é coñecido, Corzo ten unha z como lle gusta ao escribano, monxe ou funcionario vido de Castela ou Euskadi e pouco respetuoso co pobo que lle alimenta, así que parécelle máis lóxico pensar nun corzo grande que nun lugar feliz.

Cor =lugar