Goya é un apelido celta

Submitted by admin on Sun, 08/26/2018 - 20:47

Se Goyanes é Goiáns, está claro que Goya é unha oración. Non é momento de profundar nese tema, só indicar que apelidos celtas e non galegos hai moitos. Vou dar un exemuplo máis, ademais de Goya, Tarancón. Outro día o explicaremos. O que está claro é que cando chegaron os romanos había moitas otras zonas de España que eran celtas. Mesmo a división romana Gallaecia é moitísimo mas ampla que a actual Galicia. Os árabes españois tiñan por enemigos, non aos casteláns, senón aos galegos (estábanse referindo aos celtas?).

Goiáns, Goyanes

Submitted by admin on Sun, 08/26/2018 - 20:19

O apelido Goyanes é unha castelanización do apelido e topónimo Goiáns. Dinme conta ao pasar pola ponte e parque de Goiáns en Boiro e despois pasar pola praza de Goyanes en Ribeira. A familia Goyanes, por moi nobre que sexa, latinizou o vulgar Goiáns galego. É posible que na época de Franco os dous nomes coincidisen en Goyanes-non o comprobei.

Goiriz

Submitted by admin on Sun, 08/26/2018 - 19:58

Estes días pasei por Goiriz que é unha boa introdución ao xermánico "riz". Como xa contara non existe esa versión xermánica (dito dun modo xeral) na toponiia galega e si é unha terminación falando do rei "ri" ou alcalde "ri" que lle pasa algo digno de sinalar. O "z" foi  unha invención posterior para latinizar ese topónimo. Imaxinade o topónimo Goiri, parece vasco, é raro para un oido castelán, así que poñemos Goiriz (como un suposto apelido, como o fillo dun suposto nome e asunto arranxado).

Antano

Submitted by admin on Mon, 08/20/2018 - 17:31

Antano existe en galego segundo o RAG aínda que o tradutor gaio non o coñece. Existe, claramente, sen embargo, en castelán como antaño. Procede " Del latín ante annum"    di etimologías de Chile. E porque non do celta?

A Lúa di cando as vacas preñan

Submitted by admin on Mon, 08/20/2018 - 12:12

Unha frase de sorprendente brevidade e intelixencia anuncia un refrán celta galego en celta, claro. Nunha localidade coruñesa da que xa temos falado.

A interpretación: as fases da Lúa teñen que ver, afectan á facilidade de preñarse das vacas. Dito doutro modo, temos que levalas ao touro para preñalas en certa fase da Lúa. Non din cal, claro.

Boebre

Submitted by admin on Tue, 08/14/2018 - 16:15

A palabra Bo xa sabemos que significa vaca. E ou ben i, significa en. Quizais latinizado en e. E Bre e unha das dúas formas celtas galegas de dicir outeiro.

Así que Boebre significa Vacas no outeiro. O Outeiro refírese á parte alta de Boebre ou á ladeira de Breamo? Pois non cho sei, a verdade. Agora case todo é monte, case non hai pradeiras.