Pois realmente Traba era unha praia...
Xa o contamos hai tempo, Traba era unha praia (e a razón para afirmalo era que esa era a frase que o expresaba en celta con Traba). Pero fun ata alí, ao Museo do Mar de Laxe que ten unha maqueta da zona de Laxe na que é posible contemplar que a zona de Traba(non estamos a falar da praia de Traba, senón da parroquia de Traba, máis arriba), adentrada na terra, era certamente unha antiga praia cuxo areal foi extendéndose no mar, ata dar lugar a un extenso areal convertido en terreo cultivado hoxe.
- Read more about Pois realmente Traba era unha praia...
- Log in to post comments